Vigovisións comeza a súa andaina
no marco da II Fotobienal de Vigo, no ano 1986, e ten lugar
de xeito ininterrompido ata o ano 2000. Durante estes anos, fotógrafos
de diferentes países e das máis diversas concepcións
estéticas realizan o seu traballo na cidade de Vigo, durante
aproximadamente dez días, con total liberdade para escoller
tanto a dirección e o contido do traballo como para determinar
a forma de concretalo.
O proxecto Vigovisións é organizado
polo Concello de Vigo, producido e coordinado polo Centro de Estudos
Fotográficos (CEF) e comisariado por Manuel Sendón e
Xosé Luis Suárez Canal.