galería cefvigo
   
 
              MARCOS VILARIÑO - HISTORIA DUNHA FOTOGRAFÍA DE XOGUETE

   
     
 
       
   
   
   

 

Este libro acompáñanos nunha viaxe a través do tempo, relatándonos nunha serie de imaxes a historia da fotografía comprendida nunha gran parte dos séculos XIX e XX.

A nosa historia comeza en 1826, ano en que Niepce obén a primeira imaxe fotográfica. Dende os primeiros traballos de claro carácter documental (Talbot, Fenton, Gardner) o medio fotográfico evoluciona na procura dun lugar propio no mundo da Arte.

Fronte aos tímidos primeiros pasos que representan os retratos de Margaret Cameron, o pictorialismo de Steichen, o Naturalismo de Emerson ou as singulares paisaxes das rúas de Atget, A entreponte de Stieglitzt marcará o punto de inflexión na busca dunha identidade propia da estética fotográfica, gracias en gran parte, á democratización do medio.

A obxectividade dos retratos de Strand ou Sander, ou mesmo as liñas máis experimentais abertas por Blossfeldt ou Moholy-Nagy, evidencian o novo rumbo tomado. Feininger ou Ulessmann serían a posterior confirmación.

A nosa viaxe prosegue co legado dos grandes mestres do século XX: Cartier Bresson, Brassai, Capa ou Evans, ou incluso casos máis próximos como o de Suárez, e remata cos traballos rupturistas do segundo tercio do século pasado: Frank, Klein, Clark e Michaels.

Marcos Vilariño

   
         
         
Inicio Galería