galería cefvigo
   
 
              RUT MASSO  -  CARTAS Á FISGONA

   
     
 
       
   
   
     
Escaleira de apropiación

Durante o mes pasado estiven espiando á porteira, unha vella fisgona. O que aquí presento son imaxes que non me pertecen e a ela tampouco. Os inquilinos poderían reclamar o seu dereito de intimidade pero non se saben espiados.

-autor prohibido-
· inquilinos: vítimas da curiosidade dunha vella porteira.
· porteira fisgona: vítima da miña traizón.
· Eu: a cotilla
· Ti : outro fisgón

É unha vella egoísta. Sempre estivo viúva.

Compartir vidas alleas pero en silencio esmiuzadas coidadosamente e coidadosamente apiladas como vivencias propias-reside no baixo e (por suposto) vive en todos os cantos do edificio. Leva inscrita na fronte a súa divina misión: veladora de inquilinos. Non os coida: celosamente aloumiña as súas vidas en secreto. Espreita os seus espacios e coñece todos os medios para ler cartas a contraluz.

-Cartas á fisgona-

Todo o correo é espiado. Ela le no interior dos sobres cerrados que non lle pertencen. Como boa conselleira completa as cartas co seu puño e letra pero en sobres á parte que se envía a si mesma- autocartas da porteira - Cando as recibe leas ao trasluz e destrúeas.


Como inquilino eu tamén recibo cartas xa espiadas. Como segunda fisgona eu tamén mas escribo. Dedícollas a ela e envíomas - autocartas á porteira : "Querida porteira…"-
   
       
Tamén coido de que estas cartas permanezan en secreto: a letra é ilexíbel. Pode lelas ao trasluz pero non pode descifrar o texto. Ela tamén é secretamente traizoada. Espacios espiados/visitas a espacios momentaneamente abandonados - Asumo as súas obsesións. Persígoa e repito os seus movementos. Piso onde ela xa pisou. Ela dicta o percorrido.
         
Inicio Galería