Gusto de xogar con elementos cotiáns creando novas situacións
que rompen a forma usual de ver o familiar.
Esculpo sobre a pel, fago intervencións efémeras
que documento con imaxes en branco e negro, veraces, de rigorosidadecientífica.
Fondos neutros e xogos de contrarios que bailan
entre a repulsa e o riso, entre o que se ve e o que é, botando
man dos mínimos e máis achegados elementos.
Corren tempos rotos.
Estase vivindo unha regresión ao íntimo.
Dende o recollemento e a autoanálise téntase areestruturación
dunha identidade acosada pola sociedade dixital e acelerada.
O corpo non atopa o seu lugar, o dixital non encaixa
coa súa materialidade e a súa directa relación
coas sensacións estase desdebuxando.
Existe a posibilidade de desprazarse por espacios
virtuais a través dun corpo adoptado eidealizado.
Os verbos reflexivos que describen accións
que se fan sobre o mesmo corpo perden a súa cualidade.
Xa non son eu o que desprazo o meu corpo, o que
me desprazo.
Fran Herbello