centro de estudos fotográficos
 

inicio

novas

galería

edicións especiais

libraría

exposicións

cefvigo

cefvigo
 


O Centro de Estudos Fotográficos creado na cidade de Vigo en xaneiro de 1985 proponse como obxectivos :

-Recuperar, estudar e difundir a fotografía histórica galega.

-Dinamizar a fotografía contemporánea galega, potenciando dunha forma especial o traballo de novos creadores.

-Facer a Galiza partícipe do debate da fotografía contemporánea universal, dando a coñecer as diferentes propostas anovadoras que se están a dar noutros países, intentando converter a Vigo nun lugar de referencia na produción fotográfica internacional, e non só nun lugar de recepción.

A web cefvigo.com propón unha galería virtual onde se dará a coñecer a obra de diferentes fotógrafos galegos tanto contemporáneos como históricos, ofrecendo a posibilidade de mercar as fotografías a través da rede. Con este fin iranse introducindo regularmente novas exposicións na galería.

Ao mesmo tempo permítelle ao visitante solicitar que se lle envíen as diferentes publicacións realizadas e ter información da actividade levada a cabo polo CEF.


Dirección:
Manuel Sendón
Xosé Luis Suárez Canal

Administración:
Manuel Ogando
Secretaría:
Xoán Cibeira
     
Informática:
José Luis Palmou
Realización web:
Xoán Cibeira
José Luis Palmou

Tradución ao galego:
Xoán Cibeira

     
Tradución ao inglés:
Luz Cao
Tradución ao francés:
Françoise Gauthier