AUSENCIAS E MEMORIA
   

Ausencias e memoria
incide na relación entre fotografía e memoria en base a apropiarse da fotografía privada

   
   

 

Maruxa Fernández Llamazares



Dúas instalacións baseadas nas características obxectuais das fotografías. Unha delas centrada na comunicación coas persoas ausentes e a outra no papel que xogan as caixas de fotos como contedores da memoria familiar.


 

 

Olvidos familiares
Enrique Lista


Neste traballo combina a intervención dixital coa técnica do fotograma analóxico, obtendo imaxes indefinidas con gran poder de suxestión, para reflexionar sobre o paralelismo entre a fraxilidade da memoria e da fotografía.

 

 

 

A memoria do álbum
Manuel Sendón




Prescindindo da cámara, faille cumprir as propiedades desta ao escáner para reflexionar sobre o papel da fotografía como substituto da memoria e da similitude de comportamento entre ambas.

 

 

Arquivos da memoria
X.L.Suárez Canal




Nesta serie aborda o paso do tempo e a súa influencia sobre a memoria, facendo dialogar imaxes do seu contorno privado con referencias cinematográficas que lle fan evocar lembranzas do pasado